Fomento de Construcciones y Contratas
FCC | |
---|---|
Oficinas de FCC en Madrid. | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1990 |
Localización | C/ Balmes, 36, 08007 - Barcelona España |
Persoas clave | Esther Alcocer Koplowitz (presidenta) |
Industria | Obra civil |
Beneficio | 6 334,1 millóns de euros (2014) |
Número de empregados | 92 290 (2010) |
Na rede | |
https://www.fcc.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Fomento de Construciones y Contratas, S.A. (FCC) é un grupo empresarial español con sede en Barcelona, especializado en servizos cidadáns, que nace en marzo de 1992, froito da fusión das empresas: Construciones y Contratas, fundada en Madrid en 1944, e Fomento de Obras y Construciones, creada en Barcelona no ano 1900, cuxas accións empezaron a cotizar en Bolsa en decembro de 1900.
FCC é a matriz dun dos maiores grupos europeos de infraestrutura e servizos públicos, tanto por volume de cifra de negocios, como por rendibilidade.[1] Aínda que era inicialmente unha empresa de construción, en 1911 iniciou a súa actividade no campo dos servizos públicos cun contrato de limpeza e mantemento da rede de rede de sumidoiros de Barcelona.
As súas actividades básicas son a xestión de servizos ambientais e auga, a construción de grandes infraestruturas, a produción de cemento, equipamentos urbanos e a xeración de enerxías renovables.
Ten presenza en 34 países de todo o mundo e máis do 44% da súa facturación provén dos mercados internacionais, principalmente Europa e os Estados Unidos.[2] En xuño de 2013 adxudicóuselles un contrato para construír o Metro de Riad.[3]
En outubro de 2013, Bill Gates entrou na compañía como accionista de referencia cun 5,7% debido ao posicionamento de FCC en sectores ligados ás súas visións de sostibilidade (Servizos Ambientais e Auga).[4] Pouco despois, en decembro dese mesmo ano, o financeiro George Soros entrou no accionariado da compañía cun 3%.[5] En decembro de 2014, FCC realizou unha ampliación de capital por importe de 1.000 millóns de euros , o que permitiu a incorporación do empresario Carlos Slim como accionista cun 25,6%.[6][7]
FCC foi asociada a dous pagos ao Partido Popular en 2008 que ascenden a 165.000 euros, ano en que era o terceiro maior contratista de obras públicas de España e un dos seus dirixentes era José María Mayor Oreja, irmán do destacado dirixente do Partido Popular Jaime Mayor Oreja.[8]
Accionariado
[editar | editar a fonte]Accionista [9] | Dereitos de voto |
---|---|
Control Empresarial de Capitales, S.A. de C.V. | 25,6% |
Dominum Dirección y Gestión, S.A. | 22,4% |
Capital Flotante
(Accionistas relevantes: William H. Gates) |
52%
(5,7%) |
Filiais
[editar | editar a fonte]Empresa | Participación |
---|---|
Cementos Portland Valderrivas | 77,9% |
Participacións
[editar | editar a fonte]Empresa | Participación |
---|---|
Realia | 36,96% |
Globalvía Infraestruturas | 50% |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "FCC". Consultado o 23 de xullo de 2014.[Ligazón morta]
- ↑ "FCC". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 21 de setembro de 2015.
- ↑ Romero, A. (29 de xullo de 2013). "FCC logra un contrato para construir el metro de Riad por unos 6.000 millones". El País.
- ↑ "FCC". Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2015. Consultado o 21 de outubro de 2013.
- ↑ "La Vanguardia". Consultado o 26 de decembro de 2013.
- ↑ "FCC". Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2015. Consultado o 18 de decembro de 2014.
- ↑ "FCC". Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2015. Consultado o 14 de xaneiro de 2015.
- ↑ Carreño, Belén; Requena Aguilar, Ana (2 de febrero de 2013).
- ↑ Segundo última data de comunicación á CNMV.